2017 por ADIAF

Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

ADIAF participa no proxecto BenestarenFamilia

October 8, 2018

 

É un pracer estar participando nun Proxecto Pionero no Baixo Miño. O Concello de Tomiño invertiu en Atención Temperá ofrecendo nos meses de abril, maio e xuño do 2018 unha serie de obradoiros nos que compartimos experiencias e inquedanzas, ademáis de acompañar ás familias no desenvolvemento das súas crianzas. As familias usuarias contaban con nenos e nenas de entre 3 meses e 6 anos. Os obradoiros foron levados a cabo por Quelly, a nosa estimuladora e Sandra, a nosa PT. Tamén se levaron a cabo dúas das nosas charlas "Como protexer sen sobreprotexer" e "Non me fae caso"impartidas polo noso psicólogo Jose Cardama.

Tralo éxito da pasada edición, arrancamos este trimestre con 3 obradoiros máis nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Neles falaremos e traballaremos cada unha das áreas do desenvolvemento das crianzas: linguaxe e comunicación, motor, sensorial, autonomía persoal...pero partindo dun enfoque global, fundamento principal da atención temperá.

Serán 3 obradoiros organizados segundo as idades das crianzas:

- de 0-9 meses

- de 10-18 meses

- de 19-36 meses

O primeiro dará comezo o vindeiro 19 de outubro, e terá lugar na Galiña azul de Tomiño en horario de tarde. Máis información en servizos sociais de Tomiño: 986.62.32.11

Ademáis como novidade, esta tempada tamén comezamos con intervencións a domicilio para familias derivadas de servizos sociais en situación de riesgo, traballando a intervención centrada na familia partindo das necesidades de cada situación en concreto, incidindo na súa calidade de vida. Este traballo será principalmente levado a cabo pola nosa psicopedagoga, Silvia Barreiro. 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Follow Us
Please reload

Search By Tags
Please reload

Archive
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Social Icon