Convenio de Colaboración coas ANPAS ROSALEIRAS

O mércores 10 de xaneiro do 2018, reuníronse varios membros das Asociacións de nais e pais do Rosal con ADIAF. O propósito deste encontro foi acordar e firmar un I CONVENIO DE COLABORACIÓN que otorgará beneficios a tódolos socios das ANPAS en cuestión.

As ANPAS foron representadas por Ángel Manuel Gómez Rodríguez, presidente da ANPA da Galiña Azul; Noemí Baz Rodríguez representando á ANPA das Escolas Rurais do Rosal (CRA) en calidade de vicepresidenta, e representando á ANPA do CIP MANUEL SUÁREZ MARQUIER, Ángel Vaquero Cardoso como presidente desta última. Ademáis de estar presentes tamén máis membros socios das ANPAS.

Neste I CONVENIO estableceuse un desconto dun 10% nos servizos prestados por ADIAF a tódolos socios de calquera das 3 ANPAS. Ademáis, os socios poderán beneficiarse de precios especiais na inscrición de cursos e grupos de familias como é o caso do "GRUPO DE TÉCNICAS DE ESTUDO PARA FAMILIAS" que poderá dar comenzo a partir do próximo mes de febreiro en canto se xunten participantes suficientes. (mínimo 5 familias, máximo 10)

Este primer CONVENIO é vixente para este curso escolar 2017/2018, renovándose cada ano en setembro para cada curso escolar con novas ideas de colaboración.


Próximamente habrá aquí nuevas entradas
Sigue en contacto...
Archive
Search By Tags
No hay tags aún.
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Social Icon

 2017 por ADIAF