2017 por ADIAF

Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Convenio de Colaboración coas ANPAS ROSALEIRAS

January 11, 2018

O mércores 10 de xaneiro do 2018, reuníronse varios membros das Asociacións de nais e pais do Rosal con ADIAF. O propósito deste encontro foi acordar e firmar un I CONVENIO DE COLABORACIÓN que otorgará beneficios a tódolos socios das ANPAS en cuestión.

As ANPAS foron representadas por Ángel Manuel Gómez Rodríguez, presidente da ANPA da Galiña Azul; Noemí Baz Rodríguez representando á ANPA das Escolas Rurais do Rosal (CRA) en calidade de vicepresidenta, e representando á ANPA do CIP MANUEL SUÁREZ MARQUIER, Ángel Vaquero Cardoso como presidente desta última. Ademáis de estar presentes tamén máis membros socios das ANPAS.

 

Neste I CONVENIO estableceuse un desconto dun 10% nos servizos prestados por ADIAF a tódolos socios de calquera das 3 ANPAS. Ademáis, os socios poderán beneficiarse de precios especiais na inscrición de cursos e grupos de familias como é o caso do "GRUPO DE TÉCNICAS DE ESTUDO PARA FAMILIAS" que poderá dar comenzo a partir do próximo mes de febreiro en canto se xunten participantes suficientes. (mínimo 5 familias, máximo 10)

 

Este primer CONVENIO é vixente para este curso escolar 2017/2018, renovándose cada ano en setembro para cada curso escolar con novas ideas de colaboración.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Follow Us
Please reload

Search By Tags
Please reload

Archive
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Social Icon