2017 por ADIAF

Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Charla Técnicas de Estudo

December 13, 2017

Este ano 2018 comezamos ás nosas charlas do ano no Rosal e Oia  cun tema que nos preocupa a moitas familias: As Técnicas de Estudo.

 

 

Esta charla é obxecto de moitas dúbidas coas que se encontran as familias no seu día a día: "Pasa horas diante dos libros pero non acaba as tarefas""Estuda moitas horas pero non aproba""Sempre se olvida algo en clase"...

 

Cal é entón o noso rol como nai e pai se queremos que se faga responsable das súas tarefas e que colla un bo hábito de estudo?

 

Nesta charla de 1h30 de duración aproximadamente falamos de responsabilidade, de motivación e de estratexias e recursos que podemos levar a cabo para axudar a mellorar o seu rendemento escolar.

 

Enfocado para familias con nenos, nenas e adolescentes de primaria e secundaria, esta charla tivo primeiramente lugar o venres 19 de xaneiro 2018 ás 20h00, no Centro Social Polivalente do Rosal, en rúa Cabaqueiros, nº4, organizada pola unión das tres ANPAS Rosaleiras (GALIÑA AZUL, CRA MARÍA ZAMBRANO E CPI SUÁREZ MARQUIER), e se repetirá o próximo 27 de febreiro ás 16h00 no CEIP REFOXOS de OIA. Esta vez organizada polo Concello de Oia.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Follow Us
Please reload

Search By Tags
Please reload

Archive
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Social Icon