I Xornada autonómica: "Prácticas de Atención Temperá centradas na familia"


O día 22 de Abril tivemos a posibilidade de formarnos con Francisco Alberto García Sánchez Doutor en Psicoloxía na Universidade de Murcia. Achegouse a Galicia para explicarnos cales son as bases, ferramentas e vantaxes deste novo sistema de traballo en Atención Temperá.
A xornada tivo lugar na Aula Santo Domingo, no Concello de Tui (Pontevedra) na que asistiron profesionais e familias de Galicia, Portugal e do resto das zonas da Península.
Foi a primeira vez que en Galicia que tivo lugar unha formación desta temática. Foi moi interesante para reflexionar, evolucionar e seguir mellorando no noso traballo. Unha boa forma de intercambiar impresións e discutir sobre as aportacións deste modelo ó noso eido de intervención.
Tivo unha duración de 8h e un custe foi de 50€. Ademáis entregouse certificado de asistencia.