2017 por ADIAF

Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

PRESENTACIÓN DE ADIAF 3 DE MARZO

March 6, 2017

 

O día 3 de Marzo ás 19h no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal presentamos oficialmente ADIAF (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar).

 

ADIAF  nace co propósito de dar unha resposta de calidade ás necesidades de familias da zona do Baixo Miño con nenos/as con dificultades ou en risco de padecelas. Creamos un servizo de proximidade e de calidade partindo do enfoque centrado na familia e en entornos naturais de desenvolvemento que combina innovación e experiencia.

En moitos casos, unha mala nterpretación ou descoñecemento do enfoque  pode facer que se confunda con "intervención a domicilio" pero é moito máis, trátase dunha reconceptualización do papel do profesional, da familia, da escola e do contexto onde se desenvolven as rutinas dos nenos/as. Ademáis é un método sistemático, cheo de ferramentas de traballo que nos permiten valorar, intervir e avaliar incidindo na calidade de vida familiar incrementando a motivación das persoas implicadas.

 

En EEUU e diversos paises de Europa é un modelo recoñecido e consolidado. En España, Castela a Mancha, Valencia, Murcia xa están inmersos no cambio de paradigma.

En Galicia é unha experiencia pioneira!

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Follow Us
Please reload

Search By Tags
Please reload

Archive
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Social Icon