Coñecemos ASPRONA "La Roda"
Os días do 21 ao 25 de novembro, unha expedición de ADIAF percorre Albacete para coñecer como traballan en ASPRONA Centro de Atención Temprana seguindo o modelo centrado na familia.
Tivemos a oportunidade de acudir ás sesións de traballo coas familias e comprobar como funciona este método no día a día.

Dende ASPRONA compartiron cales foron as súas dificultades cando mudaron dunha forma de intervención ambulatoria a un modelo centrado nas rutinas familiares, escolares e nos entornos naturais do desenvolvemento. E tamén cales son as vantaxes para os usuarios desta filosofía de traballo que supón tamén para os profesionais unha profunda reflexión da praxe.
Foi moi interesante coñecer as imprensións e sentimentos das familias de primeira man e tamén soprendeunos a elevada motivación das nais, pais e demais familias que participan desta forma de ver a Atención Temperá.