2017 por ADIAF

QUEN SOMOS?

O noso equipo 

ADIAF (Asociación de desenvolvemento infantil e atención familiar) nace da unión de tres profesionais que conflúen para dar una resposta profesional, rigurosa e de calidade ás familias con nenos/as con dificultades no seu desenvolvemento ou que estean en risco de padecelas.

Formamos un equipo multi e transdisciplinar que atende ao desenvolvemento de forma integral e global.

José Cardama Barrientos
Psicólogo

 Especialista en Atención Temperá e terapia de familia con máis de 30 anos de experiencia creando unidades de AT en Escolas Infantís. Premio Reina Sofía da Atención Temperá no ano 2013 como membro do GAT (Federación de asociaciones de profesionales de Atención Temprana de España) e relator do documento. Coautor da Organización Diagnóstica de AT e ademais, co-creador do Programa Atempo, baseado na detección precoz nas escolas infantís da comunidade elaborado para a Xunta de Galicia no ano 2007. Presidente de ATEGA (Asociación de Profesionais de Atención Temperá de Galicia).

Silvia Barreiro Mariño
Psicopedagoga

Mestrado  en Atención Temperá pola USC, con máis  de 10 anos de experiencia en educación desenvolvendo proxectos con nenos/as e as súas familias. 

Licenciada en psicopedagoxía e mestra Especialista en Educación Infantil pola Universidade de Vigo.

Formación continua e teórico-práctica no modelo de Intervención centrada na familia e baseada en apoios nos entornos naturais.

Educadora non formal en obradoiros de sensibilización en primaria e secundaria.

Raquel Rodríguez Lomba
Estimuladora
Sandra Cardama Báez
Mestra especialista en  Pedagoxía Terapéutica (PT)

 Técnico especialista en educación infantil con máis de 16 anos de experiencia como Directora en escolas infantís, atendendo a familias con nenos/as con e sen dificultades no seu desenvolvemento. Estimuladora nas “unidades de atención temperá” creadas nas escolas infantís. Especialista e formadora na aplicación de Sistemas Aumentativos de Comunicación nas aulas e nas familias. Formación continua e teórico-práctica no modelo de Intervención centrada na familia e baseada en apoios nos entornos naturais.

Mestra especialista en pedagoxía terapéutica.

Especialista en SAACS (Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación).

Proxecto de investigación “Comparando estrategias metacognitivas en el alumnado de 5 años: un estudio comparativo de recursos educativos”.

Educadora en obradoiros infanto-xuvenis

Formación continua e teórico-práctica no modelo de Intervención centrada na familia e baseada en apoios nos entornos naturais.

Non estamos sós...
o equipo tamén o forman especialistas en:
LOGOPEDIA
FISIOTERAPIA
SISTEMAS AUMENTATIVOS E
ALTERNATIVOS DE COMUNICACIÓN
ATENCIÓN TEMPERÁ
TERAPIA FAMILIAR SISTÉMICA
Precisas máis información? Contáctanos
Tes dúbidas sobre a crianza, preocúpache o desenvolvemento do teu/túa fillo/a?
Representas unha asociación ou colexio e queredes organizar unha escola de nais e pais?
Acabas de recibir un diagnóstico e buscas especialistas para levar a cabo a intervención?