PROGRAMAS

1. INTERVENCIÓN CENTRADA NA FAMILIA
Un programa individualizado segundo o Modelo centrado na familia e en contextos naturais acorde ás prioridades e necesidades de cada unha das familias.
O lugar da intervención neste modelo pode ser variable en función das necesidades de cada caso e baséase fundamentalmente no traballo en rutinas, alá onde sea preciso:
-
Asistencia ó domicilio familiar
-
Intervención na escola
-
Intervención no entorno natural do/a neno/a (actividades extraescolares…)
Neste modelo de traballo maximízanse os resultados das intervencións. McWilliams, recoñecido experto neste eido expón que un servizo centrado na familia, e non soamente no neno ou nena, maximiza as oportunidades de aprendizaxe de 1h a 84h ao longo dun mes.
Levamos a cabo o proceso completo de valoración, intervención e seguimento das nenas e dos nenos. O noso equipo desprázase onde xurde a necesidade (escola, casa, parque...) para levar a cabo a intervención coa participación da familia e do centro educativo.


2. PREVENCIÓN EN ESCOLAS INFANTÍS.
O principal obxectivo deste programa é a prevención de problemas de desenvolvemento e a detección precoz dos mesmos en tódalas escolas infantís. Este servizo inclúe:
-
Visitas ás escolas de forma periódica (prevención, seguimento e orientación ao persoal e aos usuarios/as).
-
Detección de casos susceptibles de precisar atención temperá.
-
Entrega de informes individuais de desenvolvemento psicoeducativo, psicomotor e lingüística.
-
Apoio e orientación ás educadoras e educadores en tódolos ámbitos (seguimento de casos concretos, metodoloxía, ferramentas, adaptación de recursos…).
-
Apoio ás familias na crianza e nas dúbidas que poidan xurdir no día a día.
-
Charlas e obradoiros para familias e educadoras/es.
3. FORMACIÓNS E OBRADOIROS PRÁCTICOS
Traballamos directamente con asociacións de familias, centros educativos e concellos, que precisan formación específica e información relacionada con problemáticas actuais, dúbidas de crianza ou dificultades no desenvolvemento, elaborando charlas e obradoiros a medida.
As charlas e obradoiros prácticos adaptánse en tempo e contido ao colectivo que participe neles. Teñen unha duración aproximada de 1,30 h e as temáticas poden ser diversas, algunhas das máis habituais son:
-
Dúbidas prenatais
-
Masaxe para bebés
-
A Psicomotricidade como ferramenta de aprendizaxe (0-6)
-
Introducción dun sistema visoxestual nas primeiras etapas (profesionais e familias)
-
A introducción da comida sólida (0-3)
-
O desenvolvemento da linguaxe e a comunicación (0-3)
-
Rutinas e control de esfínteres(0-3)
-
Autonomía persoal (o-6)
-
Música e emocións
-
Técnicas de estudo (Primaria, secundaria e bachiller)
-
Ioga e xestión emocional (4-12 anos)
-
Sensibilización en chave de xénero (Primaria, secundaria e bachiller)
-
Autocoñecemento e autonomía (Primaria, secundaria e bachiller)
-
...