NOTICIAS

5 Dec 2016

Os días 2 e 3 de decembro, unha parte do equipo que forma ADIAF desprazouse á Universidade de Toledo para participar nas Xornadas sobre o Modelo Centrado na Familia.

O relator principal das Xornadas foi Francisco Alberto García Sánchez. Durante o fin de semana tivemos a oportunidade de profundizar nas ferramentas de traballo que propón esta forma de traballar, intercambiar imprensións con outros profesionais de Toledo e arredores e sobre todo pareceunos especialmente interesante a importancia que neste modelo teñen as emocións e as relacións persoais.

Nas avaliacións faise especial fincapé na mellora continua do profesional e da súa relación cos principais axentes que participan no proceso como son as familias e os docentes.

Agradecemos a APATCAM e a Natalia Bravo en especial a organización das Xornadas e a Francisco Alberto por compartir con todo/as nós os seus coñecementos.

Na imaxe da dereita comezando por ese lado están: Sandra (mestra) Judith (logopeda) Francisco Alberto Gracía Sánch...

28 Nov 2016

O xoves, penúltimo día do noso percorrido pola zona de Castilla-La Mancha, tivemos a posibilidade de compartir experiencias con profesionais de disintos servizos que xa están inmersos no proceso de intervención con Modelo Centrado na Familia e Entornos Naturais (MCF)

Natalia Bravo organizou un fantástico encontro no que as ideas, es experiencias e tamén os consellos sobre como traballar coas distintas ferramentas do MCF foron os protagonistas.

Tamén falamos longo e tendido sobre a necesidade da avaliación constante do persoal e da necesidade de situar as familias como protagonistas activos do proceso, atendendo e entendendo cada caso e adaptando os plans a cada individuo e  o contexto no que vive.

En conclusión, o remate perfecto para pechar unha gran semana de aprendizaxe!

Grazas a todos/as os que o fixeron posible

De esq. a der., Patricia (SATIF), Marta y Juan Luis (Centro Crecer), Jose, Elisabet y Quelly (ADIAF), Marta (SATIF) y Belén (Down Toledo).
 

Please reload

 2017 por ADIAF