NOTICIAS

17 Jun 2017

O sábado 17 de xuño, en Tomiño, presentamos a nosa asociación e traballo ás familias de Un Máis, Asociación de pais, nais e familiares de personas con TEA do Baixo Miño. 

Neste encontro asistiron profesionais de ADIAF e familias de UNMAIS que compratiron experiencias e dúbidas acerca dos distinto métodos de intervención en nenos, nenas e adolescentes con TEA. 

18 May 2017

O día 22 de Abril tivemos a posibilidade de formarnos con Francisco Alberto García Sánchez Doutor en Psicoloxía na Universidade de Murcia. Achegouse a Galicia para explicarnos cales son as bases, ferramentas e vantaxes deste novo sistema de traballo en Atención Temperá.

A xornada tivo lugar na Aula Santo Domingo, no Concello de Tui (Pontevedra) na que asistiron profesionais e familias de Galicia, Portugal e do resto das zonas da Península.

Foi a primeira vez que en Galicia que tivo lugar unha formación desta temática. Foi moi interesante para reflexionar, evolucionar e seguir mellorando no noso traballo. Unha boa forma de intercambiar impresións e discutir sobre as aportacións deste modelo ó noso eido de intervención.

Tivo unha duración de 8h e un custe foi de 50€. Ademáis entregouse certificado de asistencia.

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER Á TVG E MIRAR A REPORTAXE.

6 Mar 2017

O día 3 de Marzo ás 19h no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal presentamos oficialmente ADIAF (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar).

ADIAF  nace co propósito de dar unha resposta de calidade ás necesidades de familias da zona do Baixo Miño con nenos/as con dificultades ou en risco de padecelas. Creamos un servizo de proximidade e de calidade partindo do enfoque centrado na familia e en entornos naturais de desenvolvemento que combina innovación e experiencia.

En moitos casos, unha mala nterpretación ou descoñecemento do enfoque  pode facer que se confunda con "intervención a domicilio" pero é moito máis, trátase dunha reconceptualización do papel do profesional, da familia, da escola e do contexto onde se desenvolven as rutinas dos nenos/as. Ademáis é un método sistemático, cheo de ferramentas de traballo que nos permiten valorar, intervir e avaliar incidindo na calidade de vida familiar incrementando a motivación das persoas implicadas.

En EEUU e diverso...

 PINCHA NA IMAXE PARA LER ARTÍCULO COMPLETO NO FARO DE VIGO. 

La intervención temprana en la etapa 0-6 es muy importante, la plasticidad cerebral es muy alta en esta etapa". Jose Cardama, psicólogo de Adiaf, en Radio Municipal de Tui.

Se queres escoitarnos pincha na imaxe e busca o minuto. Estamos no minuto  17.10"!!

12 Jan 2017

Os días do 21 ao 25 de novembro, unha expedición de ADIAF percorre Albacete para coñecer como traballan en ASPRONA Centro de Atención Temprana seguindo o modelo centrado na familia.

Tivemos a oportunidade de acudir ás sesións de traballo coas familias e comprobar como funciona este método no día a día.

Dende ASPRONA compartiron cales foron as súas dificultades cando mudaron dunha forma de intervención ambulatoria a un modelo centrado nas rutinas familiares, escolares e nos entornos naturais do desenvolvemento. E tamén cales son as vantaxes para os usuarios desta filosofía de traballo que supón tamén para os profesionais unha profunda reflexión da praxe.

Foi moi interesante coñecer as imprensións e sentimentos das familias de primeira man e tamén soprendeunos a elevada motivación das nais, pais e demais familias que participan desta forma de ver a Atención Temperá.

5 Dec 2016

Os días 2 e 3 de decembro, unha parte do equipo que forma ADIAF desprazouse á Universidade de Toledo para participar nas Xornadas sobre o Modelo Centrado na Familia.

O relator principal das Xornadas foi Francisco Alberto García Sánchez. Durante o fin de semana tivemos a oportunidade de profundizar nas ferramentas de traballo que propón esta forma de traballar, intercambiar imprensións con outros profesionais de Toledo e arredores e sobre todo pareceunos especialmente interesante a importancia que neste modelo teñen as emocións e as relacións persoais.

Nas avaliacións faise especial fincapé na mellora continua do profesional e da súa relación cos principais axentes que participan no proceso como son as familias e os docentes.

Agradecemos a APATCAM e a Natalia Bravo en especial a organización das Xornadas e a Francisco Alberto por compartir con todo/as nós os seus coñecementos.

Na imaxe da dereita comezando por ese lado están: Sandra (mestra) Judith (logopeda) Francisco Alberto Gracía Sánch...

28 Nov 2016

O xoves, penúltimo día do noso percorrido pola zona de Castilla-La Mancha, tivemos a posibilidade de compartir experiencias con profesionais de disintos servizos que xa están inmersos no proceso de intervención con Modelo Centrado na Familia e Entornos Naturais (MCF)

Natalia Bravo organizou un fantástico encontro no que as ideas, es experiencias e tamén os consellos sobre como traballar coas distintas ferramentas do MCF foron os protagonistas.

Tamén falamos longo e tendido sobre a necesidade da avaliación constante do persoal e da necesidade de situar as familias como protagonistas activos do proceso, atendendo e entendendo cada caso e adaptando os plans a cada individuo e  o contexto no que vive.

En conclusión, o remate perfecto para pechar unha gran semana de aprendizaxe!

Grazas a todos/as os que o fixeron posible

De esq. a der., Patricia (SATIF), Marta y Juan Luis (Centro Crecer), Jose, Elisabet y Quelly (ADIAF), Marta (SATIF) y Belén (Down Toledo).
 

8 Oct 2016

O día 08 de outubro do 2016, Sandra e Quelly, dúas integrantes de ADIAF viaxan ata OVIEDO para participar nun Obradoiro impartido por DOBLE EQUIPO VALENCIA, e organizado por GAY LAGAR de Entramados.

No obradoiro que durou a xornada enteira, tivemos a oportunidade de adentrarnos no Modelo Centrado na Familia para nenos e nenas con TEA e saír con novas ideas, aprendizaxes e reflexións acerca desta metodoloxía de intervención.

Please reload

 2017 por ADIAF