NOTICIAS

30 Jun 2017

O 3 de xullo 2017  as portas do CEIP Nº 1 de Tui, abrironse ao campamento “Conectando Mais” organizado pola asociación Un Máis. Nel participaron doce nenos, nenas e adolescentes entre 5 e 16 anos.

O campamento foi levado por tres profesionais de ANARELA e por voluntarios. 

Os voluntarios participaron o fin de semana anterior en dúas formacións. A parte encargada por ADIAF foi para os voluntarios de Un Máis e para as familias usuarias do campamento centrándose no Autismo e as súas necesidades. Os voluntarios participaron nunha primeira parte teórica e nun encontro coas familias na segunda parte na que puideron intercambiar inquietudes, necesidades e experiencias coñecéndose persoalmente.

17 Jun 2017

O sábado 17 de xuño, en Tomiño, presentamos a nosa asociación e traballo ás familias de Un Máis, Asociación de pais, nais e familiares de personas con TEA do Baixo Miño. 

Neste encontro asistiron profesionais de ADIAF e familias de UNMAIS que compratiron experiencias e dúbidas acerca dos distinto métodos de intervención en nenos, nenas e adolescentes con TEA. 

Please reload

 2017 por ADIAF