2017 por ADIAF

8 Oct 2018

É un pracer estar participando nun Proxecto Pionero no Baixo Miño. O Concello de Tomiño invertiu en Atención Temperá ofrecendo nos meses de abril, maio e xuño do 2018 unha serie de obradoiros nos que compartimos experiencias e inquedanzas, ademáis de acompañar ás familias no desenvolvemento das súas crianzas. As familias usuarias contaban con nenos e nenas de entre 3 meses e 6 anos. Os obradoiros foron levados a cabo por Quelly, a nosa estimuladora e Sandra, a nosa PT. Tamén se levaron a cabo dúas das nosas charlas "Como protexer sen sobreprotexer" e "Non me fae caso"impartidas polo noso psicólogo Jose Cardama.

Tralo éxito da pasada edición, arrancamos este trimestre con 3 obradoiros máis nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Neles falaremos e traballaremos cada unha das áreas do desenvolvemento das crianzas: linguaxe e comunicación, motor, sensorial, autonomía persoal...pero partindo dun enfoque global, fundamento principal da atención temperá.

Serán 3 obradoiro...

8 Mar 2018

Promover as boas prácticas en materia de convivencia escolar. Ese é o obxectivo principal do Programa de Habilidades Sociais, un programa que o Concello de Tomiño e o IES Antón Alonso Ríos puxo en marcha este mes de marzo 2018 para axudar aos mozos e mozas escolarizados neste centro educativo a reflexionar e traballar para mellorar a súa conducta.

Esta iniciativa vai levarse adiante a través da colaboración do Departamento de Orientación do IES Antón Alonso Ríos; do Programa de Educación e Apoio Familiar, posto en marcha polos Servizos Sociais do Concello de Tomiño; ADIAF é a entidade que traballa coa poboación escolar aspectos como o autocontrol, a intelixencia emocional ou as relacións e a comunicación social.

Picha na imaxe para ler o artículo completo en TELEMARIÑAS.

20 Feb 2018

Seguimos coas charlas para familias organizadas polas ANPAS ROSALEIRAS: GALIÑA AZUL, CRA MARÍA ZAMBRANO E CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER.

Os problemas de comportamento cos que nos encontramos nos fogares cada día van en aumento nas últimas décadas, pero que podemos estar a facer mal? E sobre todo como podemos solucionalo?


Dividiremos esta charla en dous venres para centrarnos en idades e intereses, xa que as dificultades de comportamento non teñen a mesma magnitude nunha crianza de menos de 8 anos que na adolescencia.


Esperámosvos os vindeiros 2 e 9 de marzo ás 20h00 no CENTRO POLIVALENTE DO ROSAL, podes asistir á charla que máis se axeite as túas necesidades, ou ás dúas!!

20 Feb 2018

Unha das nosas charlas para escolas infantís por excelencia é a de "DÚBIDAS EN EDUCACIÓN INFANTIL". Principalmente enfocado a familias de escolas infantís 0-3 anos.

O formato de esta charla é facer un coloquio aberto coas familias asistentes para falar dos tres temas principais que máis nos preocupan nos primeiros 3 anos de vida: O SONO, A ALIMENTACIÓN E OS PROBLEMAS DE COMPORTAMENTO.

Partindo das dúbidas reais dos asistentes e pondo por exemplos as súas problemáticas diarias, buscamos entre todos solucións e estratexias para levar a cabo esa modificación de conducta que nos preocupa.

Entre as Escolas infantís que participaron nesta temática e formato encóntranse: "Mi primer Paso" en Tomiño e a Galiña Azul de Valadares.

11 Jan 2018

A segunda charla do ano 2018 será sobre Bullying, tivo lugar no Colexio Martín Códax en Vigo.

Organizada pola ANPA do Colexio Martín Codax, nesta charla enfocamos principalmente os tres puntos máis importantes do acoso escolar: A prevención, a detección e a intervención.

Cales son os axente involucrados e como traballar con eles.

Cal é o noso rol como familia: como podemos previr o acoso escolar dende a educación nos fogares, e tamén cales son os recursos cos que podemos contar cando vivimos esa problemática no seo familiar.

Intentamos reflexionar tamén sobre porque as familias necesitan falar disto, e lle daremos visibilidade.

Enfocado para familias e docentes, esta charlativo lugar o venres 26 de xaneiro 2018 ás 19h30, no Colexio Martín Codax.

11 Jan 2018

O mércores 10 de xaneiro do 2018, reuníronse varios membros das Asociacións de nais e pais do Rosal con ADIAF. O propósito deste encontro foi acordar e firmar un I CONVENIO DE COLABORACIÓN que otorgará beneficios a tódolos socios das ANPAS en cuestión.

As ANPAS foron representadas por Ángel Manuel Gómez Rodríguez, presidente da ANPA da Galiña Azul; Noemí Baz Rodríguez representando á ANPA das Escolas Rurais do Rosal (CRA) en calidade de vicepresidenta, e representando á ANPA do CIP MANUEL SUÁREZ MARQUIER, Ángel Vaquero Cardoso como presidente desta última. Ademáis de estar presentes tamén máis membros socios das ANPAS.

Neste I CONVENIO estableceuse un desconto dun 10% nos servizos prestados por ADIAF a tódolos socios de calquera das 3 ANPAS. Ademáis, os socios poderán beneficiarse de precios especiais na inscrición de cursos e grupos de familias como é o caso do "GRUPO DE TÉCNICAS DE ESTUDO PARA FAMILIAS" que poderá dar comenzo a partir do próximo mes de febreiro en c...

13 Dec 2017

Este ano 2018 comezamos ás nosas charlas do ano no Rosal e Oia  cun tema que nos preocupa a moitas familias: As Técnicas de Estudo.

Esta charla é obxecto de moitas dúbidas coas que se encontran as familias no seu día a día: "Pasa horas diante dos libros pero non acaba as tarefas""Estuda moitas horas pero non aproba""Sempre se olvida algo en clase"...

Cal é entón o noso rol como nai e pai se queremos que se faga responsable das súas tarefas e que colla un bo hábito de estudo?

Nesta charla de 1h30 de duración aproximadamente falamos de responsabilidade, de motivación e de estratexias e recursos que podemos levar a cabo para axudar a mellorar o seu rendemento escolar.

Enfocado para familias con nenos, nenas e adolescentes de primaria e secundaria, esta charla tivo primeiramente lugar o venres 19 de xaneiro 2018 ás 20h00, no Centro Social Polivalente do Rosal, en rúa Cabaqueiros, nº4, organizada pola unión das tres ANPAS Rosaleiras (GALIÑA AZUL, CRA MARÍA ZAMBRANO E CPI SUÁREZ MARQUIER),...

25 Nov 2017

Entre as nosas Charlas para familias contamos coa Charla-Coloquio sobre Hiperparentalidade: Como Protexer sen Sobreprotexer". 

A protección é algo natural, adaptativo, instintivo e necesario para a supervivencia, pero debemos encontrar un equilibrio para que a protección lles permita autonomía, maduración e crecemento. Non se trata de expolos a perigos e sufrimentos, trátase de deixalos crecer e madurar. Os nenos e nenas están nun período de desenvolvemento e necesitan, para completalo, vivir as súas propias experiencias e afrontar os seus problemas.  Como facelo?

Polo de agora xa estivemos: No CEIP Mestre Manuel García de Oia, no Colexio Martín Códax de Vigo, e no Centro Social Polivalente do Rosal.

8 Nov 2017

O equipo de ADIAF pasou a pasada tarde do 08 de novembro con 20 adolescentes de entre 11 e 16 anos do Concello de Oia. Foron 3 horas de dinámicas, vídeos e debates sobre o uso das Redes Sociais. 

O obradoiro foi iniciativa do Concello de Oia dentro do programa "Unha Ollada Xove" que o concello levou a cabo nos meses de outubro e novembro deste ano.

Nesta tarde de reflexións acerca de ter un uso responsable das Redes Sociais, os adolescentes fixeron un decálogo coas conclusións que sacaron de todo o recollido ao longo da tarde.

Aquí tedes o decálogo froito deste obradoiro, bo traballo rapaces!!

30 Jun 2017

O 3 de xullo 2017  as portas do CEIP Nº 1 de Tui, abrironse ao campamento “Conectando Mais” organizado pola asociación Un Máis. Nel participaron doce nenos, nenas e adolescentes entre 5 e 16 anos.

O campamento foi levado por tres profesionais de ANARELA e por voluntarios. 

Os voluntarios participaron o fin de semana anterior en dúas formacións. A parte encargada por ADIAF foi para os voluntarios de Un Máis e para as familias usuarias do campamento centrándose no Autismo e as súas necesidades. Os voluntarios participaron nunha primeira parte teórica e nun encontro coas familias na segunda parte na que puideron intercambiar inquietudes, necesidades e experiencias coñecéndose persoalmente.

Please reload

NOTICIAS